viernes, 24 de junio de 2016
OLLOBOI 2016
Noraboa Xoaneiros!!!!
Somos finalistas no concurso audiovisual OLLOBOI
en cinco categorías!!!
Olloboi GUIÓN: "Noticieiro xoaneiro"Olloboi DJ: "Somos iguais"
Olloboi PELEÓN: "Somos iguais" e "Brilé coeducativo"
Olloboi ANIMADO: "Pilú"
Olloboi CÓMICO: "Brilé coeducativo" e "Noticieiro xoaneiro"
Podedes ver todos estes videos e máis no canal de youtube mabe sanxoanfilgueira
Maios
Celebramos a festa dos maios coa compañía das familias. Contamos coa colaboración de pais e nais nos obradoiros de elaboración de maios e de cociña, de boliños preñados, que posteriormente degustamos no Xardín dos Valores. E de remate de festa, bailes da nosa terra: muiñeiras, danzas de paus, de arcos... Noraboa a todos os xoaneir@s danzantes e gracias mil ás familias colaboradoras e ás asistentes.
Semana Máis que verde
Un ano máis realizamos unha plantación co gallo da "Semana Máis que verde", este curso plantamos unha cerdeira. Acompañamos a festa con bailes da nosa terra e nesta ocasión contamos cuns convidados de excepción...os nosos socios europeos do programa Erasmus Plus, procedentes de Gales e de Polonia, ademais das familias que tamén nos acompañaron na divertida e soleada xornada.
As familias contan
No mes de abril conmemoramos o Día do Libro convidando ás familias a que nos contasen un conto... Viñeron nais, pais, avós e avoas...cos que pasamos unha velada moi especial gracias ás lecturas que realizaron. Gracias mil a todos e a todas por participar nesta actividade.
Poesía e imaxe 2016
Aquí tedes ao flamante gañador do XVI Certame de Poesía e Imaxe... Mateo Bértalo!!!
Felicitacións a tod@s os participantes!!!!
Unha viaxe pola reciclaxe
Con motivo da SEMANA MÁIS QUE VERDE vimos de estrear a obra "Unha viaxe pola reciclaxe" na que podedes trasladarvos polo tempo e comprobar que a reciclaxe vén sendo unha práctica común dende os inicios da civilización e que sempre preocupou á raza humana.
Os contos do revés?
Pode Iriña Bailarina convertirse nun fantástico futbolista??? E a ratiña presumida...ser un ratiño do máis coqueto???
Nos contos do revés, ata unha Tarzana é quen de sobrevivir na máis dura selva...
Nos contos do revés, ata unha Tarzana é quen de sobrevivir na máis dura selva...
Día Internacional da Muller
Co gallo do 8 de marzo, tivemos a fortuna de gozar en directo da música de Sofía Espiñeira.
O mestre Jesús Pareja realizou este fermoso vídeo dedicado ás avoas, as nosas flores.
O mestre Jesús Pareja realizou este fermoso vídeo dedicado ás avoas, as nosas flores.
III Concurso de buenas prácticas. Fundación SM
Estamos todos e todas de NORABOAAA... Vimos de gañar o III Concurso de Buenas Prácticas para el éxito educativo convocado pola Fundación SM co proxecto "A miña escola, a miña familia".
Este proxecto recolle a nosa filosofía de centro e o devir do día a día.
A continuación podedes ver o vídeo de presentación do proxecto e o vídeo realizado pola Fundación SM tras otorgarnos o premio do concurso.
Noraboa a tod@s os Xoaneir@s!!!

Domingos máxicos no San Xoán
Ao longo deste curso tivemos a ocasión de poder asistir a concertos musicais nas mañás dos domingos. Contamos con Magín Blanco, María Faltriqueira e Jorge Juncal, con Chuches Amil...
Entroido
Celebramos o Entroido coa Semana dos Mandados, unha exquisita filloada, o desfile de disfraces, a lectura do testamento do Meco e a súa queima...e como non...o baile!!!
Paz
Este curso celebramos a PAZ cunha representación que fixeron os nenos e nenas do Clube de Lectura dunha adaptación do conto "Mellor falar que pelexar" de Laura e Compañía. Magnífica actuación destes pequenos grandes teatreiros que podedes ver no blogue da Biblioteca.
Ademais gozamos dun circuíto de XOGOS COOPERATIVOS POLA PAZ no que compartimos momentos de lecer cos compañeir@s e coas familias.
Finalmente rematamos a xornada co "Baile da Paz" de Mamá Cabra.
Ademais gozamos dun circuíto de XOGOS COOPERATIVOS POLA PAZ no que compartimos momentos de lecer cos compañeir@s e coas familias.
Finalmente rematamos a xornada co "Baile da Paz" de Mamá Cabra.
Hábitos saudables
Co gallo da titoría do mes de febreiro, hábitos saudables, realizamos un roteiro saudable con catro estacións: actividade física, relaxación, hábitos de hixiene e alimentación saudable.
Nadal
Celebración da festa de Nadal, tan divertida e larpeira, coma sempre. Nesta ocasión a Estreliña do Oriente visitou ao Apalpador na súa casiña, e ambos atenderon a moreas de peticións de licenzas para cantar os Reis. Recibirían algún aguinaldo??????
O chocolate e os churros ...non podía faltar, e a música tampouco, cantamos panxoliñas e a felicitación deste curso, feita polo profe de música Jesús.
Desexámosvos unhas FELICES FESTAS e un boísimo ANINOVO!!!!!

Sobre rodas
Xornadas de basquet en cadeiras nas que nos aproximamos á realidade das discapacidades no deporte adaptado, e a valores como a superación e a igualdade, o que nos permitiu ver e sentir as discapacidades doutro xeito diferente. O noso inmenso agradecemento aos monitores de Basketmi!!!
Non á violencia
O 25 de novembro celebramos o Día Internacional contra a violencia de xénero. Como cada curso, visitounos o doutor Apertas cos seus axudantes para dispensarnos a VACINA contra a violencia. Lembrounos a importancia de ter uns corazóns ben sans para ter moitos amigos e amigas.
Tivemos ademais a semana das pulseiras APERTEIRAS...a cambio dun bico, dunha aperta, dunha palabra agarimosa, dunha colaboración...recibimos unha pulseira por día... Ahhhh e tamén deixamos plasmados nun enorme mural as nosas mensaxes de amizade.

Magosto
Celebración do magosto, coa castañada, con xogos populares, coa compañía das familias e con moitas ganas de pasalo moi ben!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)