jueves, 5 de septiembre de 2013

CURSO 2012 - 2013

A continuación...
todo o que aconteceu na nosa escola durante o...
CURSO  2012/13

Cine en valores, San Xoán de película

"SAN XOÁN DE PELÍCULA" CINE EN VALORES
       Ao longo deste curso traballamos os valores que caracterizan á filosofía do noso centro a través do cine; de longametraxes, de curtametraxes, documentais, vídeos, cine de animación... Participamos en "Nós tamén creamos", que divertido foi facer cine coas nosas propias mans!!!  Ademais fomos pequenos grandes actores e actrices, participamos na creación das nosas propias curtas, dos guións, do atrezzo... pero ante todo... quedámonos co máis importante... todo o que nos transmitiu a sétima arte... amosounos unha enorme variedade de situacións humanas donde os valores están presentes de forma constante... Aprendemos do cine e con el tratamos de acadar pequenos cambios que fan que mellore o mundo no que vivimos.
       Disfrutade dun San Xoán de película... Cámara e acción!!!










Multicines Campo de Chao

Xornadas de cine.

Concurso de curtas

I Concurso de Curtas "As nosas historias"
Aquí tedes as tres curtas gañadoras do concurso promovido polo equipo TICs.
Parabéns a Néstor (EI 5 anos) por "O pino Dopico"; a Nora, Alejandro e Pablo (3º de EP) por "Unha imaxe" e a Adriana, Alicia, Laura (3º de EP) e Lisa (5º de EP) por "Cooperación e igualdade".

Fin de curso

Rematamos o curso 2012-13 cun festival amenizado polos rapaces de 6º de EP, dos que nos despedimos desexándolles moita sorte e moitos éxitos na nova etapa educativa que comenzarán en setembro.


Festa de fin de curso

...dos peque do cole...

Pilú, Pilú

NOS TAMÉN CREAMOS, iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa en colaboración coa Compañía de Radio Televisión de Galicia e con OQO Editora.
Os san xoaneiros participamos con tres curtas realizadas con toda a ilusión que nos transmitiu o cine ao longo do curso. Grandes e pequenos aprendimos e gozamos desta actividade como verdadeiros entusiastas do xénero.
A continuación tedes as tres curtas realizadas.
En primer lugar, Pilú, Pilú que recibiu unha mención especial pola adaptación musical feita pola profe Uxía e pola orixinalidade plástica. Foi realizada polos peques de Infantil e as mestras: Conchi, Uxía, Lucía e Sandra.
Noraboa compañeiras!!!




Troco

Animación realizada polos alumnos de 1º e 2º B e os mestres: Susana, Marián, Xose Manuel e Jesús.

A noite das mudanzas

Animación realizada polos peques da aula mixta de Infantil e os mestres Tere, Mª José, Tolín e María.

Danzas dos Maios

Letras Galegas e Maios

Así o celebramos...

Roberto Vidal Bolaño

O 17 de maio de 1863 Rosalía de Castro publicaba "Cantares Gallegos". Cen anos despois declarouse o 17 de maio como data de celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Rosalía de Castro sería a primeira persoa homenaxeada e a súa obra "Cantares Gallegos" foi o primeiro libro galego cunha trascendencia universal.
Dende ese momento cada 17 de maio dedícase a unha figura significativa das letras galegas que contribuíse en vida ao crecemento e enriquecemento da lingua galega.
E xa van...50 autores!!!
Este ano, tócalle a Roberto Vidal Bolaño.
Achegádevos á figura deste dramaturgo santiagués no blogue Os noso LIMs donde atoparedes información sobre este autor.
Aquí podedes disfrutar da lectura destes breves textos seus.

En galego, sen filtro

No XIII Certame de Creación Artística Poesía e Imaxe "En galego, sen filtro" convocado pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística coa colaboración do Concello de Ferrol  foron premiados dous alumnos do noso cole.
Noraboa a Noa e a Rubén!!!

Día do libro

Co gallo do "Día do libro" realizamos o III Apadriñamento Lector, lecturas de kamishibai do alumnado do 3º ciclo de Primaria a todos os nenos e nenas do colexio e ademais recibimos a visita de An Alfaya.
Felices lecturas, todo o ano!!!

Muller traballadora

No mes de marzo e para celebrar o "Día das mulleres traballadoras" o EDLG representou, e con gran éxito, a obra titulada "Xoán". Dedicámosvola a todas vosoutras: nais, avoas, irmás...traballadoras!!!

Hábitos saudables

Alumn@s do Ciclo Superior de Dietética do IES Leixa realizaron unha práctica da materia "Promoción da saúde", que imparte a profesora Marta, cos nenos e nenas de 2º de Primaria. Gracias mil a Aaron, Eva, Jennifer e Pilar.

Visit My Photos - 36 Pics
Nutricion IES Leixa

Semana Máis que verde

No mes de marzo celebramos o "Día da árbore" dentro da "Semana Máis que verde" realizando unha recompilación de poesías e ilustracións sobre os arbustos dos nosos patios. Esperamos que vos guste!

Mandados do Meco

Chega o entroido e este ano, como ben sabedes,o noso proxecto de centro é "San Xoán de película" ...polo tanto preparádevos para pasar un ENTROIDO DE CINEEEE!!!
O Meco ordena vir, cada día da vindeira semana, dun determinado estilo cinematográfico, e lembrade que:
Os mandados son doados de executar.
Medio mundo nun faiado podemos atopar
e segundo o noso Meco: todo é bo para reciclar!!!
De luns a venres os mandados á escola imos levar
e sen nada mercar!!!





Entroido 2013

Obradoiros de entroido

Os nenos e nenas de Infantil fixeron charangas, mascaradas, decoracións e ata monstruosas magdalenas!!!

Alimentación saudable

O ZAMPÓN... animación sobre hábitos de alimentación saudable realizada polas mestras María Bereijo Rodríguez, Cris Bustabad Pérez e Ana Expósito do cole de Cariño, CEIP Manuel Fraga Iribarne, e por María Bereijo Aneiros e Tolín Rey García do noso cole, baixo a dirección de Virginia Curiá e Tomás Conde, dous grandes maestros da animación.
A voz do Zampón a puxo André Rey Vidal de 6º de Primaria do San Xoán.

Paz 2013

Celebración do día da PAZ e da Non Violencia.

Feliz 2013

Felicitación realizada con todo o cariño pola comunidade educativa do San Xoán.
Bo Nadal e feliz 2013!!!

Nadal

Celebramos o Nadal 2012 cunha boa chocolatada con churros acompañada de boa música, actuacións, karaokes e unhas visitas moi especiais...

Karaokes no Nadal

Cantamos polo Nadal cos karaokes feitos polos profes do cole. Afinade ben as voces!!!

Obradoiros de Nadal

Obradoiros feitos en Nadal polos pequerrechos do cole.

Reciclamos ou afogamos???

Xaropertas

Contra a violencia de xénero...Xaropertas!!!

Roteiro das normas

Os San Xoaneiros realizamos un amplo percorrido polas instalacións do noso centro, efectuando unha parada en cada unha das 15 estacións que compoñen o roteiro. Nelas puidemos lembrar e traballar as principais normas que regulan o centro.

Obradoiros de Magosto

Os peques de Infantil realizaron uns obradoiros no tempo dos magostos.

Magosto

Mil gracias a CAMF Ferrol, a "Os Xotas" de Canido e a toda a comunidade educativa que nos acompañou neste fantástico día. Novembro 2012.

Cine de medo...polo Samaín

Visit My Photos - 41 Pics
SAMAIN

Cancións e poesías do magosto

Chega o tempo de cantarlle ao magosto...e esta vez o fixeron algúns rapaces e rapazas de 5º de Primaria.

Estreamos proxecto

"San Xoán de película" inaugurouse coa colaboración de dous grandes mestres do cine, e do colexio Ludy.
Agradecémoslles a José Torregrosa e a Miguel Castro a súa presenza e a súa magnífica introdución ao mundo do cine así como de material cinematográfico para unha exposición de película!!!

San Xoán de película!!!

Presentación e inauguración do proxecto de centro do curso 2012/13:

Iniciamos o curso 2012/13

Iniciamos un novo curso escolar. Que ledicia atoparnos cos antigos e cos novos compañeiros/as!!!
Espéranos un curso cheo de novas aprendizaxes, novos proxectos, saídas fantásticas e un milleiro de cousas máis... E de sorpresas, moitas sorpresas, hoxe mesmo recibimos unha chegada dende Vigo, que mellor xeito celebrar o inicio do curso...con moita maxia e ilusión co... MAGO CALI
Visit My Photos - 38 Pics
Mago Cali

miércoles, 22 de mayo de 2013


CURSO  2011 - 2012

Un mar de convivencias

Despedimos o curso coa xornada de convivencia, este ano celebrámola en Doniños. A chuvia parecía querer amolarnos o día, pero os san xoaneir@s somos valentes e decididos, así que...aló fomos. E que ben fixemos, pois "Lourenzo" acompañounos nesta inesquecible xornada, permitindo que o pasásemos fenomenal!!!

Despedida 6º de EP

O 22 de Xuño celebramos a chegada das vacacións e despedímonos dos rapaces e rapazas de 6º de Primaria aos que lles desexamos moita sorte no instituto. A todos e a todas ... FELIZ   VERÁN!!!


En galego, sen filtro

Daniel Barrán foi premiado no XII Certame de Creación Artística Poesía e Imaxe "En galego, sen filtro", convocado pola Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística coa colaboración do Concello de Ferrol.  Noraboa Dani!!!


Letras Galegas 2012

"Cando ti volvas" de Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado no 2012 polas Letras Galegas.

Maios e Letras Galegas 2012

Celebramos un fermoso e florido festival de maios no noso Xardín dos Valores donde houbo danzas, cancións, poesías, teatro... en homenaxe ás nosas letras galegas!

Arco da vella

Nas titorías do mes de maio traballamos as emocións e os sentimentos a través duns amiguiños moi especiais! Mil gracias a "Arco da vella" pola vosa colaboración e dedicación e a Ana Abalo por montar este vídeo tan fermoso.

Día do libro

Celebramos este día coas lecturas de distintos contos no Kamishibai e co II Apadriñamento lector. Felices lecturas!

Multiculturalidade

No mes de abril de 2012 traballamos a multiculturalidade nas titorías. Os peques do cole achegáronnos aos costumes, falas, culturas...doutras países. Que ben o fixeron! Ademais realizamos o xogo De que país é esta canción?

Xoaneiros Viaxeiros

Os pequerrechos xoaneiros viaxeiros de infantil amosáronnos as riquezas de diferentes culturas e países.
Que viaxados son estos nenos e nenas! E canto aprendimos con eles!

Día da árbore

Outro curso máis celebramos, no mes de Marzo, o día da árbore dentro da "Semana Máis que verde".

ASPANEPS Obradoiro

Obradoiro realizado cos nenos/as de 6º "Ponte no meu lugar"
promovido e impartido por membros de ASPANEPS.

Igualdade de xénero

No mes de Marzo do 2012 traballamos a igualdade de xénero. Contamos con dúas convidadas de excepción que nos demostraron que as mulleres poden desempeñar os memos traballos que os homes.
Gracias mil as nosas convidadas: Noelia e Verónica.


Igualdade de xénero

Unha pequena homenaxe a todos os homes e a todas as mulleres traballador@s realizada pola comunidade educativa. Traballando e educando en igualdade!!!

Adestramento de baloncesto

 Luis Barbeito, director deportivo e adestrador de base do Ferrol CB foi o encargado de ensinar aos alumnos de 5º e 6º de Primaria a esixencia e a disiciplina dun adestramento nun club de baloncesto.

Hábitos saudables

No mes de febreiro traballamos en titorías os hábitos saudables (alimentación, actividade física, hixiene...).
Membros do Ferrol CB reforzaron o aprendido nas aulas.
Moitas gracias pola vosa colaboración e desexámosvos moitos éxitos nesta temporada!!!


martes, 21 de mayo de 2013

Paz 2012

Todos os nen@s e mestres do cole de San Xoán participamos na elaboración deste lipdub.
O profe Jesús foi o encargado de montalo.
Con el gañamos o premio de Cooporativismo no Ensino 2012 que convoca o Consello Galego de Cooperativa.

Semana das Apertas

Ademais realizamos a "Semana das Apertas":

Entroido 2012

Así o celebramos:

Contra a violencia de xénero

O 25 de novembro é o día contra a violencia de xénero. No colexio todos e todas vacinámonos contra todo tipo de violencia. Gracias a Ana Abalo por recollelo tan ben neste vídeo.

Iniciamos un curso novo...

Actividades do primeiro trimestre do curso 2011/12: