domingo, 11 de mayo de 2014

Curso 2013/14

Coles Activos II Edición

Neste curso recibimos o premio á "MELLOR INICIATIVA GLOBAL" na II Edición de Coles Activos El Estirón de Antena 3 polo noso proxecto de Hábitos de Vida Saudable, un novo empuxón  para seguir a traballar na nosa liña de Educación en Valores.
Noraboa a todos os XOANEIROS!!!!


Curtametraxes 2013/14


San Xoán nos medios de comunicación

V TV
Radio Filispín
V TV

Multicines Campo de Chao

Un ano máis celebramos a xornada de Multicine Campo de Chao. Cada quen asistiu á proxección do filme que escolleu. Vaia novidade que tivemos este ano, un ambigú!!! Polo tanto, no intermedio poidemos disfrutar dunha deliciosa parva.

Xornada de convivencia

Convivencia na área recreativa "O Castro" de Cerdido.

Maios 2014

Un ano máis celebramos os MAIOS e esta vez acompañounos un día marabilloso!!!
Acompañados das familias, da banda de músicos "Os nosos amigos de sempre" e das mamás da ANPA pasamos unha mañá fantástica. Gracias a todos e a todas por compartir connosco esta celebración.

Letras Galegas 2014

A figura homenaxeada este ano foi Xosé María Díaz Castro. Aquí tedes dous traballos feitos por membros do EDLG do colexio. E no blogue OS NOSOS LIM podedes atopar un LIM sobre este escritor.

Health Lab Kids

Proxecto de innovación social que pretende formar bos hábitos de alimentación, posto en marcha polo Colexio de Médicos de A Coruña, en colaboración co Corte Inglés e V TV.
Entre os 10 finalistas atópanse dous menús do noso colexio!
                  FINALISTAS HEALTH LAB KIDS
O 12  de abril de 2014 os minichefs Dani de 2º de EP e Nuno de 6º de EP cociñaron en directo os pratos seleccionados ante o xurado.
Nuno quedou entre os tres primeiros, e Dani entre os sete restantes finalistas.
Noraboa aos dous por facelo tan saborosamente!!!!

En galego, sen filtro

Alexanco de EI 5 anos e Dani de 2º de Primaria foron dous dos gañadores do XIV Certame de Poesía e Imaxe cos seus fermosos traballos. Noraboa rapaces!!!

Cociñas do mundo

No mes de abril traballamos en titorías a multiculturalidade, e tal riqueza a levamos á cociña. Sabedeiras receitas das variadas nacionalidades dos nenos e nenas do colexio, fannos achegar as súas tradicións e costumes.

Bocateando en verde

Quen pensa que os bocatas son aburridos, sempre levan o mesmo ou que non poden ser saudables... está equivocado!!! As nosas chefs demostráronnos todo o contrario!!

Semana "Máis que verde"

Un ano máis commemoramos o día da árbore coa "SemanaMáis que verde". O tempo non nos acompañou, pero si as ganas de celebrar a chegada da primavera. E o fixemos con recitados de poesías, danzas, cancións, adiviñas e coa actuación estelar dun grupo musical de nova creación...sería algún mestre do colexio????



XIV Certame de creación artística poesía e imaxe "En galego, sen filtro"

Aqui tedes os traballos seleccionados para participar no certame convocado pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística coa colaboración do Concello de Ferrol.

Anxo Moure

Anxo Moure co seu "O carballo con botas" fixo as delicias de todos os presentes.
Temos que coidar da nosa  NATUREZA!!!

Antoloxía da poesía galega

Da man de Jaime Marí Lloreda e Jesús Matesanz achegámonos á poesía de Rosalía de Castro, Murguía ou Curros Enríquez entre outros poetas galegos.
Foi un inmenso pracer contar coa súa interpretación. O noso agradecemento.
Carla Romalde canta a Cantiga de Curros Enríquez.

Proxecto "Peciños"

Peciños, un paso adiante: A semana do 17 ao 21 de febreiro contamos coa visita de membros de ASCM (Asociación Sociocultural de Minusválidos) que nos achegaron o seu proxecto Peciños, galardonado co Premio Solidario 2013 do Concello de Ferrol. Noraboa polo voso traballo e moitísimas gracias por achegalo ao noso centro.

"A paisaxe de Rosalía"

Toño Formoso, Fabaloba.

Todos somos capitáns!

Gracias mil a Magín Blanco e ao seu equipo por escoller o noso centro para a gravación do seu último video, interpretado ademais na linguaxe de signos.
A escoitala pequenos capitáns!

Entroido 2014

Celebramos o Entroido!!!

Obradoiros de cociña saudable

No mes de febreiro traballamos nas titorías os hábitos de alimentación saudable, e de que xeito!!!
Ummm... cun delicioso obradoiro de cociña no que realizamos un menú saudable, as 
profes Dely e Marián contaron coa colaboración duns magníficos "minichefs".
Ademais traballamos os hábitos co LIM sobre o filme que visionamos este mes, "Ratatouille".

Hábitos saudables

Sabíades que... unha persoa xera de promedio unha tonelada de lixo ao ano... podemos reducir a cantidade de envoltorios e paquetes se mercamos produtos frescos e locais... deste xeito tamén reducimos costes... son moito mellores os alimentos de tempada que os procesados... é importantísimo reducir, reciclar e reutilizar... etc, etc, etc...
Isto e moitísimo máis pódelo repasar visionando os dous seguintes vídeos!

Paz 2014

A nosa pequena homenaxe ao símbolo da loita polos dereitos humanos.
"O maior éxito na vida non consiste en non caer, senón en levantarnos cada vez que caemos"
 Nelson Mandela

IMV

Xa está aquí a última novidade sanitaria no San Xoán!!!
A IMV... Inspección Médica contra a Violencia
Cantos nenos e nenas a pasarían?

Nadal 2013

Así despedimos o ano... con chocolate, churros e moita festa!!!

Recimusiclando

Soache este lixo??? Presentación dos colectores.

Alimenta-t

Ponlle as pilas ao teu bocata. Actividade do programa "Alimenta-T ben" no marco do Plan Proxecta. Consellería do Medio Rural e do Mar.

Infonadal Consumo 2013

Actividade promovida polo Instituto Galego de Consumo, Escola Galega de Consumo: obradoiros destinados aos nen@s de 3 a 8 anos "Pídomo, pídomo", e aos de 9 a 12 anos "A escola de agasallos. Que pido este ano?". Impartidos por Ana, Asun e Cris, mil gracias ás tres.

Mulleres traballadoras

"Mulleres na sociedade, nenas na escola"

Gracias a Gisela, Raquel e Iria realizamos un percorrido pola situación da muller na sociedade co paso do tempo, atendendo á evolución dos dereitos das mulleres, co fin de suprimir as desigualdades e discriminación de xénero, a educación sexista... a prol dunha igualdade real en todos os ámbitos da vida. Actividade promovida pola área de Igualdade do Concello de Ferrol.

Magosto 2013

Con castañas e leite celebramos un ano máis o Magosto, contando coa música de "Os de sempre" e coa colaboración da ANPA, gracias a todos e a todas!
Desafortunadamente por mor da chuvia non puidemos celebrar os tradicionais Xogos Populares, esperamos que o vindeiro ano o tempo nos acompañe.

"Nós tamén creamos"

O 15 de novembro de 2013 celebrouse no MUPEGA, en Santiago, a entrega dos premios "Nós tamén creamos", a cal asistiu unha pequena comitiva de nenos e nenas (que cursaron 6º de Ed. Infantil o curso pasado) coas mestras Lucía e Sandra e varios papás e mamás, xa que a súa curta en Stop Motion "Pilú, Pilú" acadou unha mención especial pola súa orixinalidade plástica e pola adaptación musical. Noraboa ás profes Conchi e Uxía e a todos os nenos e nenas de Infantil que participaron na elaboración da curta.
Aquí os tedes recibindo o premio:

Acción Maxistral

O noso centro resultou gañador do Premio Especial do Mestre 2013, unha nova distinción do Premio á Acción Maxistral, polo proxecto de centro "San Xoán de película: unha escola inclusiva a través do cine".
O Premio á Acción Maxistral é unha iniciativa organizada pola FAD, a Comisión Nacional Española de Cooperación coa UNESCO e BBVA.
Dende aquí achegamos os nosos parabéns a todos os finalistas e gañadores nas distintas categorías, en especial a outro centro galego de secundaria que tamén foi finalista na categoría B, o IES de Ames.

Benvidos ao curso 2013-14

Co mes de setembro chegou o momento de preparar as mochilas e regresar ás aulas. Cantas ilusións e ganas de traballar, e sobre todo de ver aos amigos e amigas!!!
Na inauguración deste novo curso contamos coa visita de IAGO LÓPEZ, un contacontos que fixo soñar a pequenos e grandes coas súas fantásticas historias.