lunes, 11 de mayo de 2015

Curso 2014-15

A continuación preséntase actividades desenvolvidas ao longo do curso 2014-15.

FIn de curso

Actividades de despedida do curso 2014-15: xogos populares, gymkana, cociña e cine. Tamén contamos cunha sesión de zumba a cargo de Ángela, a quen agradecemos a colaboración que mantivo co centro neste curso. Entrega de orlas e despedida do alumnado de 6º de Primaria. A todos e todas: FELICES VACACIÓNS!!!

Xornada de convivencia

Saída dos xoaneiros á área recreativa de Ponte de Xubia. Andaina, xogos e moi boa compañía para celebrar a xornada de convivencia!!!

Museo

Obras realizadas ao longo do curso dentro do proxecto VALOR-ARTE.

15º Certame Poesía e Imaxe. En galego, sen filtro

Noraboa a todos os participantes na XV edición do Certame de Poesía e Imaxe, e aos tres gañadores:
Alfredo Lucas Laya Torres (EI 4 anos)
Nicole López Flerkó (2º A)
Nora López González (5º)

Maios

Celebración da festa dos Maios 2015. Acompañáronnos as familias, o bo tempo, a música, os bailes tradicionais e as ganas de pasalo moi ben. Tamén fixemos dous obradoiros, un de boliños preñados (que despois degustamos na arboreda do cole) e outro de elaboración de maios.

Móvete máis

Aquí tedes o karaoke de "Móvete máis"

Programas europeos

Celebración do fin do COMENIUS REGIO que desenvolvimos durante dous anos co colexio GREENWAY de Cardiff (Gales), e o inicio do ERASMUS PLUS con Varsovia (Polonia).

Máis que verde

Así celebramos, un ano máis, a conmemoración do "Día da árbore", coa semana "Máis que verde"

Día da muller

O 8 de marzo é o día internacional da muller e celebrámolo coa visita de Paloma Rodríguez, quen nos achegou ao seu conto "Iriña bailarina". Fixemos unha replica dun cadro de Leandro Lamas sobre as mulleres que vai pasar a formar parte da galería de traballos do noso cole. E para todas vós: mamás, avoas, irmás, tías, amigas...que traballades todos os días do ano, tanto dentro como fóra do fogar... FELICIDADES MULLERES!!!

Hábitos saudables

Durante o mes de febreiro traballamos nas titorías os hábitos saudables nos LIMs da titoría. Ademais realizamos un circuíto con catro estacións nos que traballamos a importancia da actividade física, a relaxación, os hábitos de hixiene e a alimentación saudable. Non esquezades poñelo en práctica todos os días para sentirnos moio ben!!!

Entroido

Que ben o pasamos celebrando o entroido este curso!!!Tivemos que cumprir cos mandados do Meco durante toda a semana...canto nos fixo revolver nos armarios!!! O último día da semana foi ben movidiño...veu a profe de zumba Ángela que fixo que nos menearamos como nunca no festival de entroido.

Paz

Celebramos o día da PAZ cos "Contos pola Paz" do alumnado do IES Castro de Uz, As Pontes.Traballamos a Malala e queremos ter sempre presente unha das súas máximas: "Para hacerme poderosa solo necesito una cosa: educación" Todos somos MALALA!!!

Nadal 2014

Celebramos a chegada do Nadal cunha chocolatada acompañada de riquísimos churros. Visitounos de novo o Apalpador que foi o encargado de dirixir a POXA polo "Surtido de Valores Filgueira". E, por suposto, non faltou a música, cantamos as panxoliñas que compuxeron Carla, Tolín e Jesús.

O Mago de Compoz

Alicia, Nora, Alejandro e Pablo foron os encargados da presentación de colectores de lixo. Acompañáronnos o mago de Compoz e a bruxa Urbaceria.

O sabor da aventura está no mar

Luis, Mariña e Carmiña compartiron con nós a aventura de saborear o mar. Con eles repasamos a importancia dos produtos do mar na nosa dieta.

Non á violencia

QUÉRETE + VALÓRATE =  RESPECTO AOS DEMAIS.
Os nosos pequenos grandes teatreiros demóstrannos o poder do ben, da palabra e do diálogo na convivenvia diaria.

OUFF Escola 2014

Noraboa aos xoaneiros polo primeiro premio OUFF Escola 2014 do concurso audiovisual dirixido a escolares de Galicia. A ovelliña Catarina de "Troco" regresou co premio chea de ledicia. Ademais tamén levamos unha mención especial pola calidade dos traballos presentados.
Os nosos parabéns para os compañeiros do CEIP A Laxe de Valón polo seu segundo premio. A continuar así!!!

Outonarte e Magosto

Vaia traballos tan fantásticos que presentáchedes á exposición de Outonarte!!!!
Aquí os tedes:


Visit My Photos - 36 Pics
Magosto traballos famili



E a continuación tedes un pequeno resumo do día do Magosto. Por fín este ano o tempo permitiu a realización do circuíto de xogos populares.

Valor-arte

Presentación do proxecto de centro 2014-15: VALOR-ARTE
Da man de Xoán e Xoaniña realizamos un percorrido polas artes de diferentes países, acompañados da música de Jesús e da fantástica voz de Carla.