miércoles, 22 de mayo de 2013


CURSO  2011 - 2012

Un mar de convivencias

Despedimos o curso coa xornada de convivencia, este ano celebrámola en Doniños. A chuvia parecía querer amolarnos o día, pero os san xoaneir@s somos valentes e decididos, así que...aló fomos. E que ben fixemos, pois "Lourenzo" acompañounos nesta inesquecible xornada, permitindo que o pasásemos fenomenal!!!

Despedida 6º de EP

O 22 de Xuño celebramos a chegada das vacacións e despedímonos dos rapaces e rapazas de 6º de Primaria aos que lles desexamos moita sorte no instituto. A todos e a todas ... FELIZ   VERÁN!!!


En galego, sen filtro

Daniel Barrán foi premiado no XII Certame de Creación Artística Poesía e Imaxe "En galego, sen filtro", convocado pola Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística coa colaboración do Concello de Ferrol.  Noraboa Dani!!!


Letras Galegas 2012

"Cando ti volvas" de Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado no 2012 polas Letras Galegas.

Maios e Letras Galegas 2012

Celebramos un fermoso e florido festival de maios no noso Xardín dos Valores donde houbo danzas, cancións, poesías, teatro... en homenaxe ás nosas letras galegas!

Arco da vella

Nas titorías do mes de maio traballamos as emocións e os sentimentos a través duns amiguiños moi especiais! Mil gracias a "Arco da vella" pola vosa colaboración e dedicación e a Ana Abalo por montar este vídeo tan fermoso.

Día do libro

Celebramos este día coas lecturas de distintos contos no Kamishibai e co II Apadriñamento lector. Felices lecturas!

Multiculturalidade

No mes de abril de 2012 traballamos a multiculturalidade nas titorías. Os peques do cole achegáronnos aos costumes, falas, culturas...doutras países. Que ben o fixeron! Ademais realizamos o xogo De que país é esta canción?

Xoaneiros Viaxeiros

Os pequerrechos xoaneiros viaxeiros de infantil amosáronnos as riquezas de diferentes culturas e países.
Que viaxados son estos nenos e nenas! E canto aprendimos con eles!

Día da árbore

Outro curso máis celebramos, no mes de Marzo, o día da árbore dentro da "Semana Máis que verde".

ASPANEPS Obradoiro

Obradoiro realizado cos nenos/as de 6º "Ponte no meu lugar"
promovido e impartido por membros de ASPANEPS.

Igualdade de xénero

No mes de Marzo do 2012 traballamos a igualdade de xénero. Contamos con dúas convidadas de excepción que nos demostraron que as mulleres poden desempeñar os memos traballos que os homes.
Gracias mil as nosas convidadas: Noelia e Verónica.


Igualdade de xénero

Unha pequena homenaxe a todos os homes e a todas as mulleres traballador@s realizada pola comunidade educativa. Traballando e educando en igualdade!!!

Adestramento de baloncesto

 Luis Barbeito, director deportivo e adestrador de base do Ferrol CB foi o encargado de ensinar aos alumnos de 5º e 6º de Primaria a esixencia e a disiciplina dun adestramento nun club de baloncesto.

Hábitos saudables

No mes de febreiro traballamos en titorías os hábitos saudables (alimentación, actividade física, hixiene...).
Membros do Ferrol CB reforzaron o aprendido nas aulas.
Moitas gracias pola vosa colaboración e desexámosvos moitos éxitos nesta temporada!!!


martes, 21 de mayo de 2013

Paz 2012

Todos os nen@s e mestres do cole de San Xoán participamos na elaboración deste lipdub.
O profe Jesús foi o encargado de montalo.
Con el gañamos o premio de Cooporativismo no Ensino 2012 que convoca o Consello Galego de Cooperativa.

Semana das Apertas

Ademais realizamos a "Semana das Apertas":

Entroido 2012

Así o celebramos:

Contra a violencia de xénero

O 25 de novembro é o día contra a violencia de xénero. No colexio todos e todas vacinámonos contra todo tipo de violencia. Gracias a Ana Abalo por recollelo tan ben neste vídeo.

Iniciamos un curso novo...

Actividades do primeiro trimestre do curso 2011/12: