sábado, 24 de junio de 2017

Fin de curso

CURSO 2016/17

   O 23 de xuño rematamos o curso 2016/17 cunha celebración moi especial, pois cada ciclo presentou o seu traballo final do proxecto de centro "Luces, cámara e canción".
   Educación Infantil deleitounos con "Unha botella de paz", o primeiro ciclo de primaria co tema "Castañiñas caen", o 2º ciclo "O verán de San Xoán" e o terceiro ciclo con "Toc toc".
   Tamén gozamos do fantástico concurso "Un, dous, tres,  reciclamos outra vez" interpretado por Nerea, Esther e Nayra de 6º, e Sara María de 5º de Primaria.
   As nenas do "Obradoiro de baile" amosáronnos as súas dotes no baile.
   E, finalmente, tivemos unha ceremonia moi emotiva de despedida do alumnado de sexto de primaria, aos que lles desexamos moitos éxitos e un feliz verán para todos os xoaneiros!!!

Multicines

Un ano máis, de novo cartelera nos Multicines Campo de Chao!!!
Aventura, amizade e moita diversión nas sesións cinematográficas.

Xornada de convivencia

O curso está a piques de rematar e cunha boa saída de convivencia
o vimos de celebrar!!!
A Ares fomos a camiñar e dunha xornada de amizade gozar!!!




Canvivindo

Representantes do Concello e de CASAGA visitáronnos cos principais protagonistas da Asociación de Cans de Salvamento de Galicia, para facernos ver a importancia do traballo destes animais de rescate.
Ademáis achegáronnos ás obrigas e coidados que precisan estes marabillosos animais.

Maios

O luns 22 de maio celebramos a festa dos maios!!!
   Empezamos a mañá cuns obradoiros de cociña (boliños preñados), outro de  composición de maios e un de baile.
   A continuación demostramos, un ano máis, que o noso son os bailes, non hai muiñeira nin danza que se nos resista. Acompañáronnos na celebración as nosas familias, o bo tempo e as gañas de pasalo ben!!!
   Aproveitamos a ocasión para facer entrega aos premiados no sorteo da ONCE das mantas de patchwork elaboradas polas familias da ANPA.
   Montaxe realizada polo mestre Jesús.

Mullernaxe

   Aquí tedes unha recompilación das actividades desenvoltas ao longo do mes de marzo, dedicadas á muller.
   Os nosos agradecementos a Ánxela Loureiro por compartir algunhas delas con nos.
   Montaxe realizada polo mestre Jesús. Música "Matriarcas" de Guadi Galego.

Apadriñamento Lector

   Anticipándonos ao Día do Libro (23 de abril) realizamos este venres pasado un Apadriñamento Lector no Xardín dos Valores.
   As lecturas dos padriños e madriñas fixeron as delicias dos seus afillad@s.
   Ademais tivemos a sorte de contar cun día marabilloso que nos acompañou na sesión de lectura!!!
   En breve, teredes no blogue da Biblioteca Ánxela Loureiro máis información ao respecto.

Jiu-Jitsu


Félix  tivo a xentileza de achegarnos á arte marcial xaponesa, JIU-JITSU, cun amplo repertorio de sistemas de combate moderno, iso sí...basados na defensa "sen armas".
Moitísimas gracias, Félix, por compartir os teus coñecementos e adicarnos o teu tempo.

viernes, 31 de marzo de 2017

A miña pulseira contra a violencia de xénero porque...

   Hoxe, 31 de marzo, e como remate da titoría do mes adicada á muller, todos os nenos e nenas do cole recibiron unha pulseira negra a cambio de entregar por escrito os seus razoamentos contra a violencia de xénero. 
   Os pequerrechos de infantil deixaron plasmadas as súas mans en cartulinas para recibir as súas pulseiras.
 

Inauguración da Biblioteca Ánxela Loureiro

Que mellor día poderiamos elixir para inaugurar a nova biblioteca do cole???
Pois tal día como hoxe,  21 de marzo aproveitando o Día Mundial da Poesía, dimos un fantástico estreo á nova biblioteca do centro...
A BIBLIOTECA ÁNXELA LOUREIRO!!!
Convidamos a Ánxela á inauguración quen moi gustosamente participou no acto, ademais de deleitarnos cun variado repertorio de cancións e poemas.
Gracias mil, Ánxela!!!!


Donación á Cociña Económica

     Onte, martes 14 de marzo, realizamos a entrega do diñeiro recaudado na Carreira Solidaria pola Paz (realizada o 30 de xaneiro) á Cociña Económica de Ferrol.
   O presidente da entidade, Antonio Tostado , recolleu das mans dunha pequena representación de cada ciclo educativo un cheque simbólico coa cuantía recaudada.
    A donación ascendeu a 1350,20 euros.
    Gracias a todas as familias polas achegas realizadas e ao gran esforzo dos "sanxoaneir@s" en percorrer quilómetros solidarios!!!

Muller Traballadora

O 8 de marzo conmemórase o "Día internacional polos dereitos da muller e a paz internacional".
Este curso imos dedicar todo o mes de Marzo ás MULLERES, con diferentes actividades...
Iniciamos o proxecto cunha MULLERNAXE, unha muller moi especial, mestra, escritora, cantante e guionista...
Ánxela Loureiro

Entroido

Así celebramos a festa de entroido este curso.
Montaxe realizada pola mestra Lucía Moure.

Roteiro de hábitos saudables

    No mes de febreiro dedicamos a titoría aos hábitos saudables, polo tanto esta semana realizamos durante dous días o Roteiro de hábitos saudables, no que lembramos a importancia da actividade física, a hixiene, a relaxación e a alimentación saudable nas nosas vidas.

   Estamos preparados para que sexan unhas constantes nas nosas vidas??? Esperamos que siii!!!

Ponlle as pilas ao teu bocata

   Un ano máis as rapazas do programa saudable "Ponlle as pilas ao teu bocata" viñeron ao noso cole a lembrarnos a cantidade de enerxía que nos aportan os bocatas de conservas do mar, e o saudables que son!!!

O sabor da aventura está no mar

Un ano máis Luis, Mariña e Carmiña viñeron a contarnos a importancia dos produtos do mar na nosa dieta. E ademais nos falaron de como preservar os recursos do mar.

Separa ben, reciclaremos mellor

Mil gracias a Silvia, Fernando e Martín que no dia de hoxe achegaron ao noso cole a campaña Oportunidades Galicia: Separa ben, reciclaremos mellor SOGAMA, coa que traballamos os beneficios ambientais e económicos derivados dunha correcta separación e reciclaxe.

Sanando vistas, devolvendo ilusións

     O mércores 1 de febreiro tivemos unha visita moi especial, as oftalmólogas Ana González e Raquel Iglesias, ambalas dúas implicadas nun proxecto que se ven desenvolvendo na India e na África dende fai anos.
     A súa labor é fantástica, pois van a estos países a tratar de devolver a vista a nenos e a adultos, revisan a vista a moitísimas persoas e fan ciruxías de cataratas, xa que abriron un quirófano solidario para poder efectuar as operacións.
     Contáronnos, con todo luxo de detalles, as súas experiencias na magnífica labor que están a realizar estas dúas oftalmólogas de Ferrol.
Sen dúbida...un mundo con solidariedade pode funcionar moitísimo mellor.
Gracias mil a Raquel e a Ana.

Paz 2017

Hoxe celebramos o día da PAZ no noso colexio. Para a ocasión contamos coa presentación do traballo de proxecto de centro das aulas de Educación Infantil, a canción co vídeo correspondente titulado "UNHA BOTELLA DE PAZ" , coa dirección artística de Antolín Rey, a dirección técnica de Lucía Moure e co asesoramento de 
Tere Barreira e Conchi Rodríguez.
A letra da canción é autoría da Lucía Moure e Antolín Rey;
e a música é de Jesús Pareja.
Agardamos que disfrutedes un montón empapándovos do que brinda...
"UNHA BOTELLA DE PAZ"
E contamos con outro gran estreo, un mannequin challenge ou reto do maniquí, sobre a PAZprotagonizado polos San Xoaneir@s e rodado e montado polo profe 
Jesús Pareja.
Por último, contarvos que organizamos unha Carreira Solidaria patrocinada por moitos padriños e madriñas na que se correron moitísimos "kilómetros solidarios". Os fondos recaudados serán cedidos á Cociña Económica de Ferrol nun acto a realizar proximamanente na nosa escola.