"SAN XOÁN DE PELÍCULA" CINE EN VALORES
Ao longo deste curso traballamos os valores que caracterizan á
filosofía do noso centro a través do cine; de longametraxes, de
curtametraxes, documentais, vídeos, cine de animación... Participamos en
"Nós tamén creamos", que divertido foi facer cine coas nosas propias
mans!!! Ademais fomos pequenos grandes actores e actrices, participamos
na creación das nosas propias curtas, dos guións, do atrezzo... pero
ante todo... quedámonos co máis importante... todo o que nos transmitiu a
sétima arte... amosounos unha enorme variedade de situacións humanas
donde os valores están presentes de forma constante... Aprendemos do
cine e con el tratamos de acadar pequenos cambios que fan que mellore o
mundo no que vivimos.
Disfrutade dun San Xoán de película... Cámara e acción!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario