viernes, 24 de junio de 2016

Non á violencia

O 25 de novembro celebramos o Día Internacional contra a violencia de xénero. Como cada curso, visitounos o doutor Apertas cos seus axudantes para dispensarnos a VACINA contra a violencia. Lembrounos a importancia de ter uns corazóns ben sans para ter moitos amigos e amigas.
Tivemos ademais a semana das pulseiras APERTEIRAS...a cambio dun bico, dunha aperta, dunha palabra agarimosa, dunha colaboración...recibimos unha pulseira por día... Ahhhh e tamén deixamos plasmados nun enorme mural as nosas mensaxes de amizade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario