lunes, 11 de mayo de 2015
FIn de curso
Actividades de despedida do curso 2014-15: xogos populares, gymkana, cociña e cine.
Tamén contamos cunha sesión de zumba a cargo de Ángela, a quen agradecemos a colaboración que mantivo co centro neste curso.
Entrega de orlas e despedida do alumnado de 6º de Primaria.
A todos e todas: FELICES VACACIÓNS!!!
Xornada de convivencia
Saída dos xoaneiros á área recreativa de Ponte de Xubia.
Andaina, xogos e moi boa compañía para celebrar a xornada de convivencia!!!
15º Certame Poesía e Imaxe. En galego, sen filtro
Noraboa a todos os participantes na XV edición do Certame de Poesía e Imaxe, e aos tres gañadores:
Alfredo Lucas Laya Torres (EI 4 anos)
Nicole López Flerkó (2º A)
Nora López González (5º)
Alfredo Lucas Laya Torres (EI 4 anos)
Nicole López Flerkó (2º A)
Nora López González (5º)
Maios
Celebración da festa dos Maios 2015. Acompañáronnos as familias, o bo tempo, a música, os bailes tradicionais e as ganas de pasalo moi ben. Tamén fixemos dous obradoiros, un de boliños preñados (que despois degustamos na arboreda do cole) e outro de elaboración de maios.
Programas europeos
Celebración do fin do COMENIUS REGIO que desenvolvimos durante dous anos co colexio GREENWAY de Cardiff (Gales), e o inicio do ERASMUS PLUS con Varsovia (Polonia).
Máis que verde
Así celebramos, un ano máis, a conmemoración do "Día da árbore", coa semana "Máis que verde"
Día da muller
O 8 de marzo é o día internacional da muller e celebrámolo coa visita de Paloma Rodríguez, quen nos achegou ao seu conto "Iriña bailarina". Fixemos unha replica dun cadro de Leandro Lamas sobre as mulleres que vai pasar a formar parte da galería de traballos do noso cole.
E para todas vós: mamás, avoas, irmás, tías, amigas...que traballades todos os días do ano, tanto dentro como fóra do fogar...
FELICIDADES MULLERES!!!
Hábitos saudables
Durante o mes de febreiro traballamos nas titorías os hábitos saudables nos LIMs da titoría. Ademais realizamos un circuíto con catro estacións nos que traballamos a importancia da actividade física, a relaxación, os hábitos de hixiene e a alimentación saudable.
Non esquezades poñelo en práctica todos os días para sentirnos moio ben!!!
Entroido
Que ben o pasamos celebrando o entroido este curso!!!Tivemos que cumprir cos mandados do Meco durante toda a semana...canto nos fixo revolver nos armarios!!! O último día da semana foi ben movidiño...veu a profe de zumba Ángela que fixo que nos menearamos como nunca no festival de entroido.
Paz
Celebramos o día da PAZ cos "Contos pola Paz" do alumnado do IES Castro de Uz, As Pontes.Traballamos a Malala e queremos ter sempre presente unha das súas máximas:
"Para hacerme poderosa solo necesito una cosa: educación"
Todos somos MALALA!!!
Nadal 2014
Celebramos a chegada do Nadal cunha chocolatada acompañada de riquísimos churros. Visitounos de novo o Apalpador que foi o encargado de dirixir a POXA polo "Surtido de Valores Filgueira".
E, por suposto, non faltou a música, cantamos as panxoliñas que compuxeron Carla, Tolín e Jesús.
O Mago de Compoz
Alicia, Nora, Alejandro e Pablo foron os encargados da presentación de colectores de lixo.
Acompañáronnos o mago de Compoz e a bruxa Urbaceria.
O sabor da aventura está no mar
Luis, Mariña e Carmiña compartiron con nós a aventura de saborear o mar. Con eles repasamos a importancia dos produtos do mar na nosa dieta.
Non á violencia
QUÉRETE + VALÓRATE = RESPECTO AOS DEMAIS.
Os nosos pequenos grandes teatreiros demóstrannos o poder do ben, da palabra e do diálogo na convivenvia diaria.
Os nosos pequenos grandes teatreiros demóstrannos o poder do ben, da palabra e do diálogo na convivenvia diaria.
OUFF Escola 2014
Noraboa aos xoaneiros polo primeiro premio OUFF Escola 2014 do concurso audiovisual dirixido a escolares de Galicia. A ovelliña Catarina de "Troco" regresou co premio chea de ledicia. Ademais tamén levamos unha mención especial pola calidade dos traballos presentados.
Os nosos parabéns para os compañeiros do CEIP A Laxe de Valón polo seu segundo premio. A continuar así!!!
Os nosos parabéns para os compañeiros do CEIP A Laxe de Valón polo seu segundo premio. A continuar así!!!
Outonarte e Magosto
Vaia traballos tan fantásticos que presentáchedes á exposición de Outonarte!!!!
Aquí os tedes:
E a continuación tedes un pequeno resumo do día do Magosto. Por fín este ano o tempo permitiu a realización do circuíto de xogos populares.
Aquí os tedes:
Visit My Photos - 36 Pics | ||
![]() |
![]() |
![]() |
|
![]() | |
![]() |
![]() | |
Magosto traballos famili |
E a continuación tedes un pequeno resumo do día do Magosto. Por fín este ano o tempo permitiu a realización do circuíto de xogos populares.
Valor-arte
Presentación do proxecto de centro 2014-15: VALOR-ARTE
Da man de Xoán e Xoaniña realizamos un percorrido polas artes de diferentes países, acompañados da música de Jesús e da fantástica voz de Carla.
Da man de Xoán e Xoaniña realizamos un percorrido polas artes de diferentes países, acompañados da música de Jesús e da fantástica voz de Carla.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)